DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2024 Páx. 12089

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2024 pola que se fai público o resultado do sorteo ao que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na Resolución do 18 de xaneiro de 2024, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 19, do 26 de xaneiro), e do establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o día 31 de xaneiro de 2024, no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, tivo lugar o sorteo ao que alude a citada resolución.

Conforme o seu resultado, a orde de actuación das persoas aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que se deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2024, comezará por aquelas cuxo primeiro apelido comece pola letra «H».

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública