DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2024 Páx. 12181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 8 de xaneiro de 2024, de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia de Cazás, do concello de Xermade (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 8 de xaneiro de 2024, o cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 93, 94, 63 y 88 do polígono 91 no termo municipal de Xermade (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado o 12 de decembro de 2023.

Lugo, 29 de xaneiro de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo