DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2024 Páx. 12196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2024, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de protección oficial de promoción pública (aloxamentos protexidos), en segundas ou posteriores adxudicacións, vacantes no concello das Pontes de García Rodríguez.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia no proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de protección oficial de promoción pública (aloxamentos protexidos), en segundas ou posteriores adxudicacións, vacantes no concello das Pontes de García Rodríguez, iniciado pola Resolución do 10 de xullo de 2023.

O acto foi adoptado polo secretario da Comisión Provincial de Vivenda do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2024

A xefa da Área Provincial da Coruña
P.S. (Resolución da xefa territorial da CMATV do 18.7.2023)
Francisco Javier Pérez Lago de Lanzós
Xefe da Sección de Inspección e Sancións da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

106353

79334511J

Trámite de audiencia