DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2024 Páx. 11640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2024, do Servizo Territorial da Demarcación Centro, polo que se notifica o trámite de audiencia no expediente de solicitude de imposición de servidume de acueduto DH.S15.87765.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a Dorbelina Blanco Arosa o trámite de audiencia outorgado no expediente de solicitude de imposición de servidume de acueduto DH.S15.87765, no lugar de Grixoa, termo municipal de Santa Comba.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a interesada poderá comparecer, no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na rúa Tomiño, nº 16, baixo, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou no teléfonos 981 54 47 26.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2024

Jesús Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Demarcación Centro