De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase para xeral coñecemento que, mediante Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 15 de novembro de 2023 e como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse a Centro Cristiano de Codeseda unha concesión de 1.785 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar das Quintas, parroquia de Codeseda (San Xurxo), no concello da Estrada (Pontevedra), con destino a abastecemento.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2024
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións