DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2024 Páx. 11666

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan parcial do SU 5 do Plan xeral de ordenación municipal (expediente 441/2022).

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 29 de decembro de 2023, acordou prestar aprobación inicial ao Plan parcial do SU 5 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, tramitado por instancia da sociedade Ceconsa Hipermercados, S.L. e Ignacio Cal Gómez.

De conformidade co establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente a información pública polo prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal) e ser examinado por calquera interesado nas dependencias do Servizo de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, logo de cita no teléfono 986 72 00 75.

Sanxenxo, 26 de xaneiro de 2024

Telmo Martín González
Alcalde presidente