DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2024 Páx. 11599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente ANP-OU-39/2023-V e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sita na avenida de La Habana, nº 79, 5ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 24 de xaneiro de 2024

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto de notificación

Acto adoptado

ANP-OU-39/2023-V

44495967Y

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANP-OU-40/2023-V

44452068Z

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANP-OU-01/2024-V

Y0503834X

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial

ANI-OU-100/2023-V

21075514Q

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANI-OU-114/2023-V

36084801D

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial

ANI-OU-105/2023-V

Y6947501C

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

CAZ-OU-43/2023-V

10085047F

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial