De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado, e a eficacia deste queda supeditada a esa publicación.
O acto foi adoptado pola xefa do Servizo de Explotacións Agrarias.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4 e 6 baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo, sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Ourense, 24 de xaneiro de 2024
Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
Acto de notificación |
322000203012 |
34400224K |
Prazo de alegacións |