DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2024 Páx. 11657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 24 de xaneiro de 2024 pola que se notifica a resolución do procedemento administrativo sancionador do expediente 12-47-23-05 e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos denunciados cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, as resolucións dos procedementos administrativos sancionadores por infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado pola Resolución do 29 de agosto de 2018, no DOG núm. 177, do 17 de setembro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2024

Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI/CIF do/da

denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto

infrinxido

Precepto sancionador

Importe da sanción

Sanc. 12-47-23-05

7999-JZR

PAFIF

52456099E

Estacionamento prohibido.

13.7.2023; 19.42 horas;

Castiñeiras, Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.d) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-23-195

PO-4375-BT

Gardapeiraos

53182216Y

Estacionamento prohibido.

29.6.2023; 12.55 horas; Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-23-201

8429-DRX

PAFIF

Y1218771S

Estacionamento prohibido.

10.6.2023; 18.57 horas;

Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-23-204

4823-CZD

PAFIF

76999397C

Estacionamento prohibido.

6.6.2023; 19.40 horas;

Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-23-264

7291-GXD

PAFIF

36168830L

Estacionamento prohibido.

3.6.2023; 3.35 horas;

Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-35-23-125

2878-GHN

Policía autonómica

35244549Q

Estacionamento prohibido.

8.6.2023; 10.18 horas;

As Corvaceiras (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-35-23-132

7823-DRT

Policía autonómica

53115777Z

Estacionamento prohibido.

15.6.2023; 12.00 horas;

As Corvaceiras (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €