DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2024 Páx. 11505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2024, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Meis (expediente DH.A36.57992).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 9 de xuño de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Regadores Fonte de Arriba unha concesión de 3.066,22 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Fonte de Arriba, da parroquia da Armenteira (Santa María), no concello de Meis (Pontevedra), con destino a rega.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2024

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións