DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2024 Páx. 11514

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para ampliación do complexo deportivo Agra I en Agra do Orzán, A Coruña (expediente 631/2023/121).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 24 de xaneiro de 2024, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle para ampliación do complexo deportivo Agra I en Agra do Orzán. Xuño 2023, promovido por Desafíos Deportivos Forus, S.L.U. e redactado por J. Ignacio Triana.

En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, na epígrafe de información urbanística; na páxina web de Urbanismo, na epígrafe exposición pública, e no visor Desenvolvemento do Planeamento. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto 4538/2023, do 21 de xuño; BOP núm. 121, do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de
Economía e Planificación Urbana