DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2024 Páx. 11507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2024 polo que se notifica a imposición dunha multa coercitiva derivada do expediente COR/202/2013-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o día 4 de decembro de 2023, unha resolución pola que se impón unha cuarta multa coercitiva (COR/202/2013-D1), derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número COR/202/2013-RP1, á persoa titular do documento nacional de identidade 76367543E como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 7 de novembro de 2014.

Ao non poder realizar a notificación persoal desta resolución, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia del tal coñecemento. Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, perante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, e será motivo de non admisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un mero acto de execución.

No caso de que non exerza o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1 regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística