DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2024 Páx. 11469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Melón (expediente IN407A 2023/130-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o 22.6.2023 polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Francisco Fernández Vayo, colexiado núm. 2880 do COETIVigo, e visado na mesma data polo citado colexio profesional co número 22301427.

Solicitante: Distribuidora Eléctrica de Melón, S.L. (CIF B32011173).

Domicilio: rúa Coruña, 20, 36700 Tui (Pontevedra).

Denominación: LMTS e CT A Ibia 2.

Situación: lugar da Ibia, concello de Melón.

Orzamento: 95.124,08 €.

Características técnicas:

– Desmontaxe da LMT e do CT A Ibia 1 existente.

– LMT soterrada, a 20 kV, de 148 m de lonxitude, en condutor RHZ1-OL-12/20 kV-3×240  Al, coa orixe no apoio núm. 18 da LMTA existente (2975-AT) e final no CT A Ibia 2 proxectado.

– CT A Ibia 2 proxectado que se vai situar nun edificio independente de caseta tipo castillete xa existente. Substitución do embarrado de alta tensión actual por un novo embarrado de alta tensión con celas da serie CGCOSMOS formado por dúas celas de liña e unha cela de protección de trafo. Substitución do transformador existente por un novo transformador de 250 kVA e RT 20.000/400 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 15 de xaneiro de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense