DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2024 Páx. 11453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-RES-2022-013 e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede desta dirección xeral, sita no edificio da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro, s/n, 2º andar, Santiago de Compostela, 15781 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

LU-RES-2022-013

49403000N

Resolución

LU-RES-2022-014

Y6121632N

Resolución

LU-RES-2022-015

X9655805Z

Resolución

LU-RES-2022-018

X7666520E

Resolución

LU-RES-2022-019

X9443137G

Resolución