DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2024 Páx. 11481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican actos administrativos ditados no expediente BS210A VI-107294 e dous máis.

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse as persoas citadas no dito anexo, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, para a notificación dos requirimentos de emenda de solicitudes ditados nos procedementos que se indican, competencia desta xefatura territorial.

No prazo de dez días (10) hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, na praza da estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do acto que se notifica. Advírtese que, de non facelo así, se terá por practicada a notificación no vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non atenderen ao acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se considerará que desisten da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Vigo, 12 de xaneiro de 2024

María Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento
Nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/VI-107294

36041894C

Requirimento de emenda da solicitude

21.9.2023

BS210A/PO-108489

78158919C

Requirimento de emenda da solicitude

18.10.2023

BS210A/VI-110277

52494249S

Requirimento de emenda da solicitude

14.12.2023