DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2024 Páx. 11487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente BS611A 2023/6568-1 e seis máis.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que for posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica as ditas persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atender ao acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte á notificación, practicada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teranse por desistidos da súa petición previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2024

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa
interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2023/6568-1

32253325B

Requirimento da emenda da solicitude

24.10.2023

2023/7587-1

47437928Z

Requirimento da emenda da solicitude

22.12.2023

2023/7051-1

32396714H

Requirimento da emenda da solicitude

29.11.2023

2023/2741-1

49331579Y

Requirimento da emenda da solicitude

13.11.2023

2023/5633-1

49200267R

Requirimento da emenda da solicitude

25.9.2023

2023/6574-1

Y4880029H

Requirimento da emenda da solicitude

24.10.2023

2023/7107-1

32893658R

Requirimento da emenda da solicitude

14.12.2023