DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2024 Páx. 11246

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 16 de xaneiro de 2024 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro), pola que se dispón a publicación do regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.

Ao facer uso da posibilidade de substitución que recolle o artigo 7 da dita resolución, a Confederación de Empresarios de Galicia acordou o nomeamento dun membro titular e dun membro suplente do Pleno do Consello de Relacións Laborais.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear como membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Marina Graña Bermúdez en substitución de José Antonio Romarís Ferreiro.

Artigo 2

Nomear como membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Beatriz Regos Concha en substitución de Marina Graña Bermúdez.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2024

Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade