DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2024 Páx. 11495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña) para seren notificados por comparecencia da resolución que modifica as bases e o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia da resolución que modifica as bases e o acordo de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias deste servizo, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Jefa territorial da Coruña

ANEXO

ZCP Fisteus (Curtis-A Coruña)

DNI

Número propietario

Acto notificado

77271300V

Pro. 59

RDX 3/11/2023

46914057Z

Pro. 948

RDX 3/11/2023

32776767L

Pro. 1078

RDX 3/11/2023

32776768C

Pro. 1078

RDX 3/11/2023

76485781V

Pro. 1124

RDX 3/11/2023

32436882M

Pro. 1166

RDX 3/11/2023

47376631N

Pro. 1173-1

RDX 3/11/2023

L1518938H

Pro. 1173-2

RDX 3/11/2023