DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2024 Páx. 11491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20230229TA-OU por infracción en materia sanitaria.

O 12 de decembro de 2023 a xefa territorial de Ourense ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20230229TA-OU contra a persoa titular do DNI 07234305T.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícaselle á persoa titular do DNI 07234305T o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, a presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Ourense, na avenida Zamora, 13, 4º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle de que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 23 de xaneiro de 2024

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: 20230229TA-OU.

DNI da persoa denunciada: 07234305T.

Último enderezo coñecido: rúa Nicolás Tenorio, 38, 1º, 32550 Viana do Bolo (Ourense).

Feitos imputados: supostas infraccións do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE núm. 309. do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE núm. 318, do 31 de decembro). Artigo 7.c) prohíbese fumar en centros, servizos ou establecementos sanitarios, así como nos espazos ao aire libre ou cubertos, comprendidos nos seus recintos.

Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como leves no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, modificada pola Lei 42/2010: consideraranse infraccións leves a) fumar nos lugares en que existe prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto.

Sanción proposta: sesenta euros (60 €).