Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible a súa notificación persoal por non constar domicilio de notificación. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (ronda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (ronda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Lugo, 17 de xaneiro de 2024
Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
Persoa solicitante |
Resolución notificada |
PR204A2023/4890-2 |
Radim Vosalho |
Estimatoria |
PR204A2023/5020-2 |
José Ramón Novo Díaz |
Estimatoria parcial |