DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2024 Páx. 11084

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se publican as axudas concedidas en virtude da Orde do 23 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a realización de actividades no ámbito de prevención de riscos laborais conforme a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e se realiza a súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia nos exercicios 2023 e 2024 (código de procedemento TR852B).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 22.5 da Orde do 23 de outubro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a realización de actividades no ámbito de prevención de riscos laborais conforme a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e se procede a súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia nos exercicios 2023 e 2024, publícanse as subvencións concedidas en virtude da devandita orde para os anos 2023 e 2024.

As axudas teñen como obxecto subvencionar as accións recollidas no artigo 2 da orde de referencia, que establece como actuacións subvencionables as seguintes:

Na liña 1, cun importe total de 362.510,40 euros, accións de información e promoción do cumprimento da normativa, accións de asistencia técnica e accións de formación, de carácter intersectorial.

Na liña 2, cun importe total de 241.673,60 euros, accións de información e promoción do cumprimento da normativa e accións de formación, de carácter sectorial.

Norma reguladora: Orde do 23 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a realización de actividades no ámbito de prevención de riscos laborais conforme a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia nos exercicios 2023 e 2024 (Diario Oficial de Galicia número 207, do 31 de outubro).

Crédito orzamentario: 604.184,00 € (seiscentos catro mil cento oitenta e catro euros), recollido na aplicación orzamentaria 11.40.324A.481.1, código de proxecto 2023 00244, procedente de fondos finalistas do Estado.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2024

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Liña 1. Entidades beneficiarias.

Entidade

NIF

Importe do ano 2023

Importe do ano 2024

Importe total

Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

G15080476

51.837,92 €

108.897,47 €

160.735,39 €

APE Galicia

G36550630

0,00 €

17.566,60 €

17.566,60 €

Unión General de Trabajadores de Galicia (UGT Galicia)

G15383011

6.630,40 €

59.046,50 €

65.676,90 €

Confederación Intersindical Galega (CIG)

G36706927

22.945,81 €

42.621,19 €

65.567,00 €

Central SindicaI Independente de Funcionarios (CSIF)

G79514378

6.000,00 €

7.500,00 €

13.500,00 €

Liña 2. Entidades beneficiarias.

Entidade

NIF

Importe do ano 2023

Importe do ano 2024

Importe total

Fundación para la Pesca y el Marisqueo-Fundamar

G27745397

8.500,00 €

10.091,00 €

18.591,00 €

Asoc. Provincial Emp. Hostelería A Coruña

G15083215

0,00 €

9.800,00 €

9.800,00 €

Federación Empresarial de Aserradores y Rematantes de Madera de

Galicia-Fearmaga

V36639284

9.284,58 €

10.715,42 €

20.000,00 €

Asociación Galega de Áridos-Arigal

G36345718

15.484,01 €

4.065,83 €

19.549,84 €

Unións Agrarias-UPA

G15115322

0,00 €

19.200,00 €

19.200,00 €

Federación Galega de Comercio

G27170158

0,00 €

19.456,40 €

19.456,40 €

Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas

G27023951

0,00 €

5.215,27 €

5.215,27 €

Asoc. Prov. de Empresarios de la Construcción de Lugo-APEC

G27010081

308,96 €

0,00 €

308,96 €

Asociación Industriales Metalúrgicos de Galicia-Asime

G36614774

3.000,00 €

0,00 €

3.000,00 €

Asoc. Empr. de la Primera Transf. de la Madera Lugo-Lugo Madera

G27030915

3.416,68 €

0,00 €

3.416,68 €

Confederación Intersindical Galega (CIG)

G36706927

6.999,84 €

13.000,16 €

20.000,00 €

UGT-Servizos Públicos de Galicia

G78085149

0,00 €

20.000,00 €

20.000,00 €

UGT FICA Galicia

G87582524

3.000,00 €

17.000,00 €

20.000,00 €

Fundación Laboral de la Construcción

G80468416

0,00 €

20.000,00 €

20.000,00 €

Central Sindical Independente de Funcionarios CSIF

G79514378

0,00 €

8.543,76 €

8.543,76 €