DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2024 Páx. 11135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECIÓN DE ERROS. Anuncio do 11 de outubro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 10 de outubro de 2023, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes dos montes veciñais en man común Veiga do Teso, Corga, Fontela, Paraños e Casa Nova, pertencentes á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Piñeira de Arcos, no concello de Sandiás (Ourense).

Advertido un erro no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 203, do mércores 25 de outubro de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 58656, no sumario, onde di: «Lagoa, Fontela, Paraños, Devesas, Casanova e outros», debe dicir: «Veiga do Teso, Corga, Fontela, Paraños e Casa Nova».

Na páxina 58658, no último parágrafo, onde di: «Aprobar a proposta de revisión de esbozo do monte veciñal en man común Lagoa, Fontela, Paraños, Devesas, Casanova e outros Lagoa, Fontela, Paraños, Devesas, Casanova e outros», debe dicir: «Aprobar a proposta de revisión de esbozo dos montes veciñais en man común Veiga do Teso, Corga, Fontela, Paraños e Casa Nova».