DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2024 Páx. 11140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Montes de Aro-Campelo-Gonte (Negreira-A Coruña) para ser notificado por comparecencia da resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de concentración parcelaria de Montes de Aro-Campelo-Gonte (Negreira-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia da resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias deste servizo, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

CP Montes de Aro-Campelo-Gonte (Negreira-A Coruña)

DNI

Nº prop.

Acto notificado

33251231-Q

1015-1

RDX_CT61 do 15.11.2023