DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10879

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2024 pola que se declara deserto un posto vacante nesta consellería, convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, pola Resolución do 3 de novembro de 2023.

Mediante a Resolución do 3 de novembro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 215, do 13 de novembro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que se detalla no anexo desta resolución e de conformidade co establecido na base sexta da citada convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta resolución.

Segundo. Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Denominación do posto: secretario/a.

Código do posto: ED.101.00.000.15770.003.

Dependencia: Gabinete conselleiro/a.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: C1/C2.

Nivel: 18.

Corpo ou escala: xeral.

Complemento específico: 7.489,72 euros.

Tipo de adscrición: A11.

Formación específica: 640.

Descrición dos códigos:

A11-Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

640-Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).