DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2024, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador RITGA-E-2023-015184, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador RITGA-E-2023-015184 xa que, intentada polo medio habitual, non se puido efectuar.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a José María Picallo Búa. O interesado pode promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A resolución do presente expediente sancionador en materia de turismo correspóndelle á persoa titular da Axencia de Turismo de Galicia, segundo se dispón no artigo 19.4.g) dos estatutos da devandita axencia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 193, do 9 de outubro), en relación co artigo 119.1.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde a data deste acordo.

O interesado dispón dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, para presentar ante o instrutor do procedemento, para a súa incorporación a el, alegacións, documentos e informacións que considere convenientes e, se é o caso, propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretenda valerse. Advírtese que, de non formular alegacións no prazo indicado, este acordo se considerará proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da indicada Lei 39/2015, infórmase a persoa imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente en calquera momento anterior a resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e, ademais, pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

Pontevedra, 18 de xaneiro de 2024

Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: RITGA-E-2023-015184.

Titular sancionado: Francisco Juncal Santos.

Establecemento: Wakanda Tours.

Domicilio: lugar Freixeiro, 19.

Localidade: Sanxenxo.

Incoación: 13 de decembro de 2023.

Precepto infrinxido: artigo 35.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e artigo 110.10 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 6.000,00 euros.