DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10467

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 23 de xaneiro de 2024 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 5 ao 8 e 25 ao 28 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela as persoas que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes dirixiranse á Consellería de Política Social e Xuventude e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II. Para achegar as ditas solicitudes, na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal está dispoñible o formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, e para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán achegar coa petición un curriculum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia electrónica auténtica dos documentos acreditativos, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto. No caso de que resulten seleccionados/as para ocupar os postos de traballo que se anuncian no anexo I desta orde uns/unhas funcionarios/as con destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma, conforme o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia, ou dun mes se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres (3) días seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a conselleira de Política Social e Xuventude, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

ANEXO I

DENOMINACIÓN

CÓDIGO

NIVEL

COMPL.

ESPECÍFICO

GR.

CORPO/ ESCALA

ADSCR. ADM.P.

FORMACIÓN ESPECÍFICA

CENTRO DESTINO

LOCALIDADE

OBSERVACIÓNS

Xefe/a territorial

PSC991000036560001

28

21.852,74

A1-A2

XERAL/ESPECIAL

A12

640

Xefatura Territorial de Vigo

Vigo

Director/a centro de menores

PSC994030136001001

28

17.047,66

A1-A2

XERAL/ESPECIAL

AXG

Centro de Menores Avelino Montero

Pontevedra

Director/a administrador/a

PSC994080136001001

26

17.047,66

A1-A2

FUNC./ESTAT./LABORAL

A15

640

Residencia de Maiores (Pontevedra)

Pontevedra

B18//SE É PERSOAL LABORAL GRUPOS: I, II // COMPLEMENTO SINGULARIDADE ATA IMPORTE DO SUBGRUPO A1-A2, NIVEL DESTINO 26 E COMPLEMENTO ESPECÍFICO 28B, CO LÍMITE ESTABLECIDO NO CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA

Director/a administrador/a

PSC994080136260001

26

17.047,66

A1-A2

FUNC./ESTAT./LABORAL

A15

640

Residencia de Maiores (Marín)

Marín

B18//SE É PERSOAL LABORAL GRUPOS: I, II // COMPLEMENTO SINGULARIDADE ATA IMPORTE DO SUBGRUPO A1-A2, NIVEL DESTINO 26 E COMPLEMENTO ESPECÍFICO 28B, CO LÍMITE ESTABLECIDO NO CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA

– ADSCRICIÓN A ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS:

AXG: ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA.

A12: ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA. E ADMINISTRACIÓN LOCAL.

A15: ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA. E PERSOAL ESTATUTARIO DO SERGAS E PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA.

– FORMACIÓN ESPECÍFICA:

640: PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GALEGO (REQUISITO INDISPENSABLE).

– OBSERVACIÓNS:

B18: COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PENOSIDADE.

missing image file