DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10128

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 24 de xaneiro de 2024 pola que se dispón o cesamento dun vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O cesamento de Luis Álvarez López como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, en representación da organización sindical Sindicato Profesional de Policías Locais e Bombeiros (SPPLB), agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2024

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar