DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2024 Páx. 10109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2024 polo que se notifica á persoa titular do predio a adxudicación relativa ao procedemento de incorporación de predio con vocación agraria ao Banco de Terras de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se indica no anexo deste anuncio a comunicación da adxudicación relativo ao procedemento de incorporación de predio con vocación agraria ao Banco de Terras de Galicia.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

A persoa interesada pode coñecer o texto íntegro do documento nas dependencias de Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2024

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente

Procedemento

DNI/CI

Acto que se notifica

20093600356

Incorporación de predio con vocación agraria ao Banco de Terras de Galicia

35876970Y

Comunicación á persoa titular do predio a súa adxudicación