DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2024 Páx. 10048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMT regulamentación FRI802, realizada pola empresa beneficiara da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …, mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT regulamentación FRI802, que figuran no cadro anexo.

O interesado poderá presentar, no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito en que acepte ou rexeite a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terá dereito a facer as alegacións que considere oportunas, empregando os métodos de valoración que xulgue máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que considere oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 15 de xaneiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/362-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT regulamentación FRI802.

Concello: A Cañiza.

Predio

Refª catastral

Lugar

Titular

1

36009A008001710000ZX

A de Gandarela

Miguel Pérez Domínguez