De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, notifícaselle á persoa interesada referida no anexo, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo emitido no expediente referido no dito anexo e instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, cuxos intentos de notificación foron infrutuosos por ignorarse o lugar de notificación.
Para o coñecemento íntegro do acto administrativo emprázase a referida persoa interesada por si mesma ou a través dos seus representantes legais para que, no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Sáenz Díez, núm. 39, baixo, en Ourense, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que, de non atender o acto, efectuada a súa notificación por comparecencia ou tras o vencemento do prazo indicado para comparecer, decaerá do dereito ao trámite.
Ourense, 8 de xaneiro de 2024
Mª José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Núm. expediente: 2023/86/32.
Documento de identidade: 44499672P.
Acto que se notifica: citación para trámite de audiencia.
Data do acto que se notifica: 8 de xaneiro de 2024.
Efectos xurídicos: apertura de trámite de audiencia.