DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2024 Páx. 9986

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade de dúas encomendas de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnológico del Mar para seren executadas durante os anos 2023, 2024, 2025 e 2026.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas coas seguintes características:

1. Resolución do 28 de decembro de 2023, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico del Mar (Cetmar) o apoio á Consellería a través do Cima, na análise das poboacións de semente de mexillón no intermareal rochoso e na avaliación de novos sistemas de captación semente.

– Actividade: a prestación do servizo de apoio á Consellería do Mar a través do Cima, na análise das poboacións de semente de mexillón (Mytilus galloprovincialis) no intermareal rochoso e na avaliación de novos sistemas de captación de semente.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 28 de decembro de 2023 ata o 30 de novembro de 2026.

– Financiamento: tramitouse como expediente anticipado de gasto, con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024, 2025 e 2026, na aplicación orzamentaria 15.02.723A.641.0, código do proxecto 2023 00242. Cofinanciada polo Fempa nun 70 %.

2. Resolución do 18 de xaneiro de 2024, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) a prestación do servizo de elaboración das distintas bases reguladoras e as correspondentes convocatorias das distintas liñas de axuda que posibiliten o apoio financeiro recollido polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa) ás organizacións profesionais do sector da pesca e da acuicultura recoñecidas no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a aquelas entidades sectoriais que desexen optar a obter este recoñecemento.

– Actividade: a elaboración das distintas bases reguladoras e as correspondentes convocatorias das distintas liñas de axuda que posibiliten o apoio financeiro recollido polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa) ás organizacións profesionais do sector da pesca e da acuicultura recoñecidas no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a aquelas entidades sectoriais que desexen optar a obter este recoñecemento.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 18 de xaneiro de 2023 ata o 30 de novembro de 2024.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, na aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, código do proxecto 2023 00193. Cofinanciada polo Fempa nun 70 %.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar