DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2024 Páx. 9733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se somete a información pública o Plan básico municipal de Dozón (Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 63 e 64 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do Decreto 143/2016, do 23 de setembro, polo que se aproba o Regulamento que desenvolve a dita lei, os plans básicos municipais son os instrumentos de planeamento urbanístico que se redactarán en desenvolvemento do Plan básico autonómico para os concellos de menos de 5.000 habitantes que non conten cun instrumento de planeamento xeral, e cuxa formulación, tramitación e aprobación corresponde á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Atendendo ao dito mandato normativo, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acordou, mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024, aprobar inicialmente o Plan básico municipal de Dozón e sometelo a información pública. O acordo de aprobación inicial non determina a suspensión do outorgamento de licenzas prevista no artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, por canto non existe ningún ámbito en que a nova ordenación do Plan básico municipal poda alterar a ordenación vixente en relación cos parámetros de ordenación aplicables.

En cumprimento do disposto nos artigos 64.3 da Lei 2/2016, do 10 febreiro, e 156.3 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública o Plan básico municipal de Dozón, polo prazo de dous meses contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o referido prazo, calquera persoa poderá examinar o documento en horario de oficina, nas seguintes dependencias:

– Servizo Provincial de Urbanismo da Xefatura Territorial de Pontevedra. Avenida Mª Victoria Moreno, 43, 4º, 36071 Pontevedra. Teléfono 986 80 56 54.

– Concello de Dozón. Avenida Médico Fernando Martínez Iglesias, 1, 36518 Dozón, Pontevedra. Teléfono 986 78 04 71

Así mesmo, poderá consultarse o documento a través da seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Territorio_e_urbanismo_Planeamento_urbanistico?content=SX_Ordenacion_Territorio_Urbanismo/Participacion_publica/seccion.html&std=Participacion_publica.html

Durante o referido prazo, calquera persoa poderá achegar alegacións no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou en calquera dos rexistros e oficinas sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo