DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2024 Páx. 9534

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 23 de xaneiro de 2024 de selección de entidades privadas sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no Centro de Reeducación de Monteledo (37 prazas) e no Centro de Atención Específica de Montefiz (23 prazas) do Complexo de Montealegre en Ourense (código de procedemento BS213L).

No Diario Oficial de Galicia número 214, do 10 de novembro de 2023, publícase a Resolución do 2 de novembro de 2023 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no Centro de Reeducación de Monteledo (37 prazas) e no Centro de Atención Específica de Montefiz (23 prazas) do Complexo de Montealegre en Ourense (código de procedemento BS213L).

O número 6 da cláusula M) do anexo I da Resolución do 2 de novembro de 2023 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude.

Unha vez instruído, de conformidade coas bases do procedemento de selección, logo da valoración dos criterios e emitida a proposta, con data do 23 de xaneiro de 2024 o órgano competente emite a resolución que finaliza o dito procedemento.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 23 de xaneiro de 2024 ditada no procedemento BS213L de selección de entidades privadas sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no Centro de Reeducación de Monteledo (37 prazas) e no Centro de Atención Específica de Montefiz (23 prazas) do Complexo de Montealegre en Ourense, que se xuntará á presente resolución no anexo.

Segundo. Notificada a resolución polo órgano competente, procederase á formalización do concerto coa entidade seleccionada.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2024

Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia,
Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 23 de xaneiro de 2024 pola que se seleccionan entidades privadas sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no Centro de Reeducación de Monteledo (37 prazas) e no Centro de Atención Específica de Montefiz (23 prazas) do Complexo de Montealegre en Ourense (código de procedemento BS213L).

A través da Resolución do 2 de novembro de 2023 publícase a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no Centro de Reeducación de Monteledo (37 prazas) e no Centro de Atención Específica de Montefiz (23 prazas) do Complexo de Montealegre en Ourense (código de procedemento BS213L).

Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, avaliadas as ditas solicitudes pola Comisión de Valoración, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar, para levar a cabo a execución do servizo obxecto do concerto social, a seguinte entidade, en aplicación dos criterios de valoración e do baremo da cláusula O) do anexo I da Resolución do 2 de novembro de 2023, publicada no DOG núm. 214, do 10 de novembro.

Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para a única entidade presentada ao concerto:

Entidade: Asociación para la Gestión de la Integración Social-Ginso.

Total puntuación de criterios

59 puntos

Segundo. Adxudicar o concerto social á entidade seguinte do xeito que a seguir se indica e polo importe que se sinala:

Entidade

Asociación para la Gestión de la Integración Social-Ginso

NIF

G83034793

Código de procedemento: BS213L.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación: 10.11.2023.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 30.11.2027.

O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:

2024 (11 meses)

4.752.526,22 €

2025

5.244.152,66 €

2026

5.244.152,66 €

2027 (11 meses)

4.801.956,13 €

Total

20.042.787,67 €

Terceiro. Asinar o concerto social coa entidade seleccionada dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (Artículo 16 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e anexo I.J) da Resolución do 2.11.2023). Jacobo José Rey Sastre, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.