DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2024 Páx. 9727

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 12 de xaneiro de 2024 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Orde do 1 de decembro de 2023.

Mediante a Orde do 1 de decembro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 236, do 14 de decembro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que se detalla no anexo.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da dita lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a dita convocatoria coa adxudicación do destino á persoa funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, efectuada pola Orde desta consellería do 1 de decembro de 2023.

Segundo. O cesamento no actual destino da persoa funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do novo destino deberase realizar no prazo de tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia; de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia; ou dun mes, se implica o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2024

Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade

ANEXO

Apelidos e nome: Rodríguez Fachado, José Antonio.

DNI: **1014***.

Grupo/subgrupo: A1.

Corpo ou escala: 2060, corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código do posto: EM.C99.10.000.36560.001.

Denominación: xefe/a territorial.

Nivel: 28.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Pontevedra (Vigo).

Localidade: Vigo.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.