BDNS (Identif.): 741047.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Beneficiarias
Organizacións sindicais con representación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Obxecto
A convocatoria de axudas que concederá a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ás organizacións sindicais con representación na Comunidade Autónoma de Galicia, para o desenvolvemento das súas actividades ordinarias durante o ano 2024, para o funcionamento dos seus gabinetes técnicos e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais, co fin último da mellora das condicións de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 8 de xaneiro de 2024 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais para o ano 2024 tramitada por anticipado de gasto (códigos de procedemento TR807A e TR807B).
Cuarto. Importe
Para a concesión destas axudas destínase un millón noventa e nove mil oitocentos euros (1.099.800 €), de acordo coa seguinte distribución:
Axudas para o desenvolvemento das actividades ordinarias das organizacións sindicais durante o ano 2024.
780.200 € proporcionalmente distribuídos entre as organizacións sindicais solicitantes, segundo o número de representantes que tivesen en 31 de decembro de 2023 en virtude das eleccións celebradas nas empresas e nas administracións públicas no ámbito de Galicia.
Axudas para a creación e/ou o funcionamento de gabinetes técnicos das organizacións sindicais e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais.
319.600 € proporcionalmente distribuídos entre as organizacións sindicais intersectoriais que o soliciten, segundo o número de representantes que tivesen en 31 de decembro de 2023 en virtude das eleccións celebradas nas empresas e nas administracións públicas no ámbito de Galicia
Quinta. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2024
Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade