DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2024 Páx. 9387

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Gonzar II (O Pino-A Coruña) para ser notificados por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica as bases definitivas da zona de concentración.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Gonzar II (O Pino-A Coruña) para ser notificados por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica as bases definitivas da zona de concentración.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias deste servizo, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

ZCP Gonzar II (O Pino)

DNI/nome

Nº prop.

Acto notificado

Mª Salomé Eva Brea Rilo

69

Trámite de audiencia

Manuel Ángel Brea Rilo

69

Trámite de audiencia

44814806L

600

Trámite de audiencia