DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2024 Páx. 9154

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de decembro de 2023, polo que se aproba o Plan de dinamización da Área Rexurbe de Ribadeo.

En cumprimento do disposto no artigo 60.2.f) da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 14 de decembro de 2023, co seguinte texto literal:

«Aprobar o Plan de dinamización da Área Rexurbe de Ribadeo e designar o Instituto Galego da Vivenda e Solo como organismo da Xunta de Galicia que deberá participar nel».

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo