DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2024 Páx. 9406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 15 de xaneiro de 2024, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. de concesión administrativa no porto de Viveiro-Celeiro con destino á ocupación do dominio público portuario soterrado, en voo e en superficie e da obra 14.07.OBR.002 (liñas eléctricas e centro de transformación) para o desenvolvemento da actividade de subministración de electricidade (expediente 14-07-23-C-2).

O día 10.1.2024 o presidente de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada por Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. de concesión administrativa no porto de Viveiro-Celeiro con destino á ocupación do DPP soterrado, en voo e en superficie e da obra 14.07.OBR.002 (liñas eléctricas e centro de transformación) para o desenvolvemento da actividade de subministración de electricidade, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 15 de xaneiro de 2024

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte