DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 7990

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2024 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, do contrato de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.436.1166-mellora do comportamento hidráulico do río Viladesuso, fase 2, Oia (Pontevedra).

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1) Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2) Obxecto do contrato:

Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.436.1166- mellora do comportamento hidráulico do río Viladesuso. Fase 2. Oia (Pontevedra).

Referencia do expediente: AUG-2023-0062.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 12.562,62 euros. Importe total: 15.200,77 euros.

Prazo de execución: 6 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 8.398,11 euros. Importe total: 10.161,71 euros.

Empresa contratista: Segurinco, S.L.

3) Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación referida no punto 2) anterior cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

A actuación enmárcase dentro do programa no obxectivo político 2 «Unha Europa máis verde, hipocarbónica e en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación do cambio climático e a adaptación a el, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sustentable»; Prioridade P2A «Transición verde»; obxectivo específico 2.4 «Favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas»; Liña de actuación 2.4.01 «Actuacións de preservación dos recursos hídricos, os seus ecosistemas e preparación, protección e resposta fronte a inundacións».

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2024

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

missing image file