DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 7971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/468-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS SDM707 e substitución CT Portoloureiro por CTC.

Situación: Vigo.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, en dúas actuacións. A primeira é de 416 metros, con orixe no centro de transformación Monte da Serra (36CEA0), situado na rúa Portoloureiro, e final na LMTS BAL7050036, na rúa Saa Monte xunto ao linde do número 2. A segunda é de 530 metros, con orixe no centro de transformación Beade Monte (36CEE4), situado na rúa Saa Monte xunto ao número 17, e final no centro de transformación proxectado, situado na rúa Beade.

– Centro de transformación compacto (CTC) a 630 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 3624208NG2732S0001QZ, na rúa Beade xunto ao número 95.

– Retirada do centro de transformación tipo pombal Portoloureiro 36C573 e da liña de media tensión aérea (LMTA) que o alimenta.

– A instalación está situada en Portoloureiro, nas parroquias de Beade e Castrelos e Saa, no municipio de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 26 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2023/468-4.

Denominación: LMTS SDM707 e substitución CT Portoloureiro por CTC.

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m²)

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Seixo-Beade

Urbana

3624208NG2732S0001QZ

Hrdos. María Camila Iglesias Abalde

16,81

13,39

56,68