DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 7557

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o terceiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade da relación de convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda durante o terceiro cuadrimestre do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2024

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Segunda
e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Convenios asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2023

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da Consellería

Protocolo xeral de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e Repsol, S.A. para promover a recollida de aceite de cociña usado doméstico na Comunidade Autónoma de Galicia

Colaboración entre Repsol e a Comunidade Autónoma de Galicia no proxecto relativo ao aceite de cociña usado doméstico, no marco dos principios que rexen a economía circular

1 de setembro de 2023

Sen contido económico

Acordo de cooperación subscrito entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Covelo para realizar obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Covelo, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora da accesibilidade e humanización da praza e camiño na Ermida

20 de setembro de 2023

106.539,63 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Verín para o financiamento da redacción do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico e barrio de San Lázaro (PEPRINH)

Establecer as bases da colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Verín para a redacción do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico e barrio de San Lázaro (PEPRINH)

3 de outubro de 2023

67.518,00 €

Addenda número 4 e prórroga do Convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Vigo para o financiamento da continuidade dos traballos de redacción da revisión do Plan xeral de ordenación municipal

Modificación do contido da cláusula segunda –Compromisos da Xunta de Galicia–; da cláusula terceira –Compromisos do Concello de Vigo– e da cláusula décima –Vixencia do convenio–, co fin de ampliar a súa vixencia, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

23 de outubro de 2023

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Coruña para a cooperación no desenvolvemento de actuacións para o control do xabaril en núcleos urbanos e zonas periurbanas

Establecer o marco de cooperación entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Coruña para a execución de forma coordinada de actuacións para o control do xarabil en núcleos urbanos e zonas periurbanas do dito concello

31 de outubro de 2023

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Bande para o financiamento da redacción dun Plan especial de infraestruturas e dotacións na zona termal

Establecer as bases da colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Bande para a redacción dun plan especial de infraestruturas e dotacións na zona termal

8 de novembro de 2023

18.089,50 €

Protocolo de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia e a asociación nacional de empresas distribuidoras de electrodomésticos (ADEN) para promover a recollida de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos na Comunidade Autónoma de Galicia

Contribuír ao cumprimento da lexislación e planificación en materia de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos mediante o establecemento dun protocolo para actuar ante o obxectivo común de promover a recollida e xestión dos residuos de aparellos eléctricos e

electrónicos no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia

17 de novembro de 2023

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de actuacións de conservación das especies de náiades ameazadas en Galicia

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de actuacións de conservación das especies de náiades ameazadas en Galicia

22 de novembro de 2023

152.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Lobios para o financiamento das obras de urbanización de rúa en Cima de Vila de Grou

Establecer as bases da colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Lobios para a execución das obras de urbanización de rúa en Cima de Vila de Grou

23 de novembro de 2023

37.395,87 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Bande para o financiamento das obras de pavimentación do contorno do centro social de Calvos

Establecer as bases da colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Bande para a execución das obras de pavimentación do contorno do centro social de Calvos

23 de novembro de 2023

48.398,79 €

Terceira addenda do Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Folgoso do Courel para a adecuación da área recreativa de Mogoxe

Modificación de epígrafes das cláusulas cuarta (financiamento), quinta (réxime de xustificación) e novena (vixencia), co fin de adaptar os compromisos establecidos no convenio ao ritmo de execución da obra

18 de decembro de 2023

150.000,00 €

Addenda ao Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Laboratorio de Medio Ambiente, e a entidade pública empresarial Augas de Galicia para a realización de mostraxe, análise e aplicación de índices de valoración necesarios para o proceso de avaliación do estado das masas de auga

O obxecto do referido acordo é regular a cooperación entre as partes asinantes de cara a unha adecuada programación e desenvolvemento da análise e xestión das redes de control definidas no Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa

19 de decembro de 2023

821.239,50 €

Addenda ao Convenio de cooperación educativa entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado

Introducir no convenio asinado a cláusula oitava bis e deixar sen validez todas aquelas outras incluídas no convenio orixinal que se lle opoñan

20 de decembro de 2023

Sen contido económico

Addenda ao Convenio de cooperación educativa entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado

Introducir no convenio asinado a cláusula oitava bis e deixar sen validez todas aquelas outras incluídas no convenio orixinal que se lle opoñan e modificar a cláusula vixésimo quinta relativa ao financiamento

26 de decembro de 2023

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Viceopresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) para a realización de actuacións na Rede galega de reservas de biosfera

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre a CMATV e o CEIDA para a realización de actuacións de dinamización, sensibilización, divulgación, formación e comunicación, así como de educación ambiental e de asesoramento e documentación da Rede galega de reservas da biosfera, que se detallan no anexo do convenio

28 de decembro de 2023

90.000,00 €

Protocolo xeral de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Hostalaría e Turismo de Galicia para fomentar unha campaña de reciclaxe e a correcta separación de residuos na Comunidade Autónoma de Galicia

Articular a colaboración entre a Asociación Galega de Hostalaría e Turismo de Galicia e a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para o desenvolvemento conxunto de actividades de sensibilización e concienciación social a través dunha campaña de difusión e sensibilización sobre a importancia da reciclaxe e a correcta separación dos residuos no ámbito da hostalaría

29 de decembro de 2023

Sen contido económico

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a fundación pública galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, para o desenvolvemento de actuacións de cálculo intensivo dos modelos numéricos para o servizo de predición meteorolóxica de Galicia

Regular as condicións da colaboración entre as partes asinantes para o desenvolvemento de actuacións de cálculo intensivo dos modelos numéricos para o servizo de predición meteorolóxica de Galicia

29 de decembro de 2023

73.503,36 €