DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 7977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade La Margarita Restauración, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta Xefatura Territorial o 1 de decembro de 2023 resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos sociais relativo ao domicilio social da entidade La Margarita Restauración, S. Coop. Galega, acordada o 25 de setembro de 2023. O seu novo domicilio social é A Veiga, número 43, concello de Caldas de Reis, provincia de Pontevedra.

Vigo, 1 de decembro de 2023

José Antonio Rodríguez Fachado
Xefe territorial de Pontevedra