DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2024 Páx. 7400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Padrón (expediente IN407A 2022/298-1).

Expediente: IN407A 2022/298-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: instalación de telecontrol en LMT PAD813 en A16IJCHN//D17-4.

Concello: Padrón.

Feitos.

1. O día 27 de setembro de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica. Co obxecto de mellorar a calidade e seguridade do servizo eléctrico no norte do lugar de Seira, concello de Padrón, con mellora dos TIEPI nas interrupcións levadas a cabo nas operacións de explotación e mantemento da liña de distribución de media tensión LMT PAD813 ROIS 13 (IN407A 01/465), procedente da subestación Padrón, proxéctase a instalación dun elemento de seccionamento telecontrolado nun apoio existente de formigón que se vai substituír por un de tipo metálico.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan memoria, planos e orzamento co proxecto de execución denominado Instalación de telecontrol en LMT PAD813 en A16IJCHN//D17-4, asinado o día 5.8.2022 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica, número de colexiado 4.684 de Vigo (Coitivigo).

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

• DOG: 2.5.2023.

• BOP: 13.4.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 1.5.2023.

• Taboleiro de anuncios do Concello: segundo certificado municipal do 23.6.2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Padrón, Servizo de Montes e Telefónica. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 22.12.2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas.

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4.7.2022), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25.5.2023), consonte a disposición transitoria primeira do Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23.6.2023).

2. Lexislación de aplicación

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no norte do lugar de Seira, no concello de Padrón, e as súas características técnicas son as seguintes:

• Substitución de condutor en tramo da LMTA a 20 kV, de 158 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº A137JHOP//D17-3 existente da LMT PAD813 ROIS 13 (IN407A 01/465), procedente da subestación Padrón, e remate no apoio nº A16IJCHN//D17-4 existente, que se vai substituír por tipo C-4500-18. Retensado da liña entre apoios nº A16IJCHN//D17-4 por substituír e A16HRVIT//D17-5 existente.

• Instalación de reconectador telecontrolado en apoio nº A16IJCHN//D17-4 existente que se vai substituír e retirada do cortacircuíto fusible XS (15HLX0) existente no mesmo apoio.

• LMTS a 20 kV, de 15 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×95 mm2 Al, con orixe no PA/S por refacer no apoio n.º D17-4 que se vai substituír e remate en empalme que se vai realizar na LMTS derivada a CT Agronovo (15CQV9).

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato Shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 28 de decembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Instalación de telecontrol en LMT PAD-813 en A16IJCHN//D17-4
Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Padrón

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada (servidume de paso de enerxía

eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

CMVMC Estramundi

7039159NH2374S0001ZB

polígono 70931,

parcela 59

Lugar de Agronovo

Novo apoio nº D17-4

2

Urbano. Solo sen edificar