DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2024 Páx. 7381

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública do 14 de novembro de 2023 para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefe de servizo de atención primaria (Cedeira).

Unha vez convocada mediante a Resolución LD-04/2023, do 14 de novembro (DOG nº 223, do 23 de novembro), a provisión dun posto de xefe de servizo de atención primaria (Cedeira), polo sistema de libre designación, esta xerencia de área sanitaria, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe de servizo de atención primaria (Cedeira), realizada mediante a Resolución LD-04/2023, do 14 de novembro (DOG nº 223, do 23 de novembro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo á presente resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, a persoa nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 17 de xaneiro de 2024

Ángel José Facio Villanueva
Xerente de Área Sanitaria de Ferrol

ANEXO

Posto de traballo: xefe do Servizo de Atención Primaria de Cedeira.

Nome e apelidos: Ana Isabel Lorenzo Martínez.

DNI: ****134**.