DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2024 Páx. 6767

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2024 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Resolución do 30 de novembro de 2023.

Tras se convocar a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no Instituto Galego de Promoción Económica mediante a Resolución do 30 de novembro de 2023 (DOG núm. 232, do 7 de decembro), esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á persoa traballadora que se expresa no anexo desta resolución, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Resolución deste instituto do 30 de novembro de 2023.

Segundo. O cesamento no actual destino da persoa traballadora que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino está gozando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión na praza adxudicada deberá realizarse no prazo de tres días, se non implica cambio de residencia, ou de sete días se comporta cambio de residencia. Cando obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no número anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante este instituto no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2024

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Apelidos e nome: Vivero Fernández, Alberto.

DNI: ***5545**.

Vinculo xurídico: persoal laboral do Igape.

Código de posto: IN.IGAPE.00.002.4050200.

Denominación: director/a da Área de Financiamento.

Consellería: Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Dependencia: Instituto Galego de Promoción Económica. Dirección Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.