DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2024 Páx. 6773

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2024 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional especialista de oficios (xardineiro), grupo IV.1, en virtude de probas selectivas convocadas pola Resolución do 24 de novembro de 2022.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 24 de novembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia do 9 de decembro) para cubrir con persoal laboral fixo unha praza da categoría profesional especialista de oficios (xardineiro), grupo IV.1, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional especialista de oficios (xardineiro) a persoa que superou o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Quenda de acceso libre

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

Código

Denominación e unidade de adscrición do posto

Quenda

Campus

Observacións

1

***7466**

Álvarez Escudero, Fabio

PL000709

Especialista de oficios (xardineiro). Área de Operación de Infraestruturas

Mañá

Compostela

Permiso de conducir B/Curso básico de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios