DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2024 Páx. 6748

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 9 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as axudas con cargo á Resolución do 7 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades no ano 2023 (código de procedemento SI452A) (Diario Oficial de Galicia número 179, do 20 de setembro).

Advertido un erro no anexo I de concesións da dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 12, do 17 de xaneiro de 2024, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 4016, no anexo I, onde di:

«Número do expediente

Nome

NIF

SI452A-2023-00000010-00

Fundación Estela

G15752660»

Debe dicir:

«Número do expediente

Nome

NIF

SI452A-2023-00000010-00

Fundación Ronsel

G15752660»