De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación (por dúas veces) da resolución ditada polo director da Axencia de Turismo de Galicia no enderezo do interesado sen que esta se puidese realizar, notifícaselle a resolución á persoa citada no anexo, emprazándoa para que no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou mediante persoa debidamente acreditada na Área Provincial de Turismo da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2 -2º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro da resolución. Advírteselle de que, de non comparecer, se lle dará por notificada.
Contra esta resolución, poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 3 de xaneiro de 2024
Ana T. Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
ANEXO
Establecemento: vivenda de uso turístico Santiago 28.
Titular: José Santiago Sánchez Fajardo.
Enderezo: rúa Santiago, 28.
Concello: 15910 Padrón.