DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2024 Páx. 6840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, co procedemento abreviado 322/2023.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense tramítase o recurso 322/2023 (procedemento abreviado), interposto por Lorena Fernández Ellacuriaga contra a Resolución do 16 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que resolve desestimar o recurso de reposición interposto pola interesada fronte á Resolución do 20 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización de listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario, entre as que se encontra a de enfermeiro/a (DOG núm. 66, do 4 de abril).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2024

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos