DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2024 Páx. 6234

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2024 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso para cubrir, polo sistema de acceso libre, unha praza de persoal laboral da categoría de técnico/a especialista de investigación, no marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal.

Mediante a Resolución reitoral do 2 de outubro de 2023 (DOG do 11 de outubro e BOE do 24 de novembro), convócanse proceso selectivo para cubrir, polo sistema de acceso libre, praza de persoal laboral da categoría de técnico/a especialista de investigación, no marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao citado proceso pola quenda de acceso libre.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: http://imaisd.usc.es/seccion.asp?i=gl&s=-2-26-128-364

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas do proceso selectivo.

Sexto. Nomear as persoas que a continuación se relacionan, membros titulares e suplentes do tribunal cualificador do proceso selectivo:

Tribunal titular:

Presidenta:

– Diana Santiago Iglesias, profesora titular de universidade da USC.

Vogais:

– Luisa Ferreiro Couselo, funcionaria de carreira da escala administrativa da USC.

– Mercedes Otero Cristobo, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

– Antonio Pazos Álvarez, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Secretario:

– David Lorenzo Martínez Martín, funcionario de carreira da escala administrativa da USC.

Tribunal suplente:

Presidenta:

– Marta Lores Aguín, catedrática de universidade da USC.

Vogais:

– Antonio Delgado Suárez, funcionario de carreira da escala administrativa da USC.

– Manuel Pérez Calvelo, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

– Lucía Bellón Pita, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Secretario:

– Manuel Boquete Botana, funcionario de carreira da escala administrativa da USC.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela